jueves, 4 de junio de 2009

O descenso do paro irrita ó PP


Tralo anuncio do descenso do paro no mes de maio, escoitei na radio a valoración de diferentes representantes sociais que en xeral eran prudentes desexando que ese dato confirmara unha tendencia xa que sería bo para o conxunto do pais e sobre todo para os cidadáns, para homes e mulleres, para a xente.

A sorpresa xurde cando escoito as valoracións do dirixente do PP Cristobal Montoro, notábase fondamente irritado, mesmo parecía un neno caprichoso que non conseguira o que quería, e todo porque en España había case 25.000 parados menos, notábaselle que non podía aturar tal feito e optou por negalo e por descalificalo ate ó absurdo. O peor é que esta mesma sensación se desprendía das valoracións de outros dirixentes do PP.

Vai ter razón Luis Fernando López Aguilar cando di que os do PP o queren é que as cousas vaian a peor, que contan con avaricia cada novo parado, que celebran sen pudor cada novo dato negativo, porque esperan que canto peor lles vaia ós españois, mais posibilidades terá o PP de gañar as eleccións.

O que lle importa a Mariano Rajoy é chegar á Moncloa aínda que para elo teña que afundir a España.

6 comentarios:

  1. Totalmente de acordo con esta opinión que fai sobre o tema do paro e as boas novas do mesmo, que está claro que para algúns non é de agrado, xa que nos atopamos cunha oposición no goberno que en vez de alegrarse por este tipo de datos esperanzadores fai todo o contrario. Todo aquelo perxudicial para o pobo español parece que é mellor para o PP, así é como se describe ese partido político. Non só o fai cos datos do paro, se non ca economía, con políticas de caracter social, etc. Só hai que ver o acontecido estos días co tema dos 'brotes verdes ' e o mal que lle sentou o PP cos seus absurdos comentarios que o único que lles preocupa, como ben dixo ao final deste texto sobre o paro don Delfín Dominguez, é chegar á Moncloa sexa como sexa e custe o que custe por enriba de todo, incluso por enriba dos españois.

    ResponderEliminar
  2. só quero decir, que ó mellor o descenso do paro vén dado polo verán, xa que se contrata máis servizo, nos bares, restaurantes etc...¿ninguén pensou niso?

    ResponderEliminar
  3. unha pequena observación: o paro sempre se reduce no verán, xa que, sobre todo en Galicia hai moito turismo, polo tanto precísase máis persoal nos bares, restaurantes, tendas...

    ResponderEliminar
  4. Unha pequena obsevación, o paro sempre se reduce no verán.En Galicia hai moito turismo, polo tanto bares, restaurantes e tendas prescisan máis persoal, pero só é unha reducción "temporal", poruque á volta do outono o paro seguirá sendo un problema latente.

    ResponderEliminar
  5. Claro que descende nesta época do ano, pola contratación de persoal no sector servizos maioritariamente, igual que subirá despois en outubro ao finalizar ao verán,,, a crítica que eu fago ( primeiro comentario 5 de xuño ) é que a oposición en vez de agradecer este tipo de datos o que fai é todo o contrario, como dando a entender á sociedade que o camiño non é ese,, e señores, reducir o paro é moi importante anque sexa nun prazo curto de tempo... alguns deses traballadores contratados no periodo de verán poderán quedar se cadra ata a finais de ano. E o plan E levado polo goberno tamén é como di o PP proxectos para sair do paso... pois benvidos sexan, que eles o que fan e pedir reformas e tan tranquilos que quedan.

    ResponderEliminar
  6. Agradezo os comentarios que facedes tanto "anónimo" coma Yasmina. Certo é que o paro ten un compoñente de estacionalidade que fai que no veran haxa mais contratación tanto pola hostelería e turismo coma pola rama da construcción.
    O paro tamen ten un aspecto de drama persoal que afecta fondamente as persoas que querendo e necesitando traballar, non atopan ese posto de traballo. Dende este punto de vista non entendo como algúns dirixentes do PP rezuman irritación e cabreo cando hai un descenso do número de parados ainda que sexa estacional, o que me fai pensar que non lles importa si alguns miles de persoas alivian a sua situacion persoal, senon que o único que lles importa son os intereses do seu partido, e creen que se verán favorecidos canto peor sexa a situación económica de este país. Canto peor para todos, mellor para eles.

    ResponderEliminar

---------------------- ---------------------------------------