Comezamos un novo ano que promete ser politicamente moi movido para as agrupacións locais xa que o vindeiro, no 2011, haberá eleccións municipais que serán unha nova oportunidade para cambiar as cousas en Ponteareas.
Eu e outros moitos coma min imos loitar para conseguir que Francisco Candeira sexa o novo alcalde do noso pobo. No noso concello precisamos un cambio de rumbo que nos leve da incompetencia, parálise e papanatismo actual a unha situación de dilixencia, eficacia e dinamismo que permita situar a Ponteareas no século XXI, promovendo activamente o desenvolvemento das súas potencialidades.
O actual goberno é un atranco para o desenvolvemento do noso concello. Ten que rematar tanta incompetencia e irresponsabilidade, ten que rematar o espectáculo lamentable de un goberno con dúas faccións enfrontadas, os partidarios de Salvador contra os de Nava, mais preocupados de descualificarse e insultarse entre eles que de gobernar e solucionar os problemas dos cidadáns.
Por estas e outras razóns, este pode ser un gran ano, un ano especialmente importante, un ano para traballar e para ilusionar, un ano para ser vivido.
jueves, 14 de enero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)