lunes, 22 de noviembre de 2010

Convención Municipal

Esta fin de semana estiven en Compostela compartindo coas compañeiras e compañeiros socilistas as ideas que nos identifican na acción municipal, que se concretan en que son as personas o eixo da nosa acción política. Foi interesante escoitar a Irisarri, o alcalde de Ferrol, falar dos orzamentos participativos e de como iniciativas semellantes permiten profundizar na participación democrática da sociedade. Tamen propostas como os centros sociais polivalentes e de como en época de crise é posible recortar os orzamentos sen reducir as prestacións sociais.
Houbo tempo para a confraterniz
ación, para a reflexión conxunta e para as propostas mais innovadoras para os concellos galegos.
Persoalmente tamén tiven a honra de lle poder entregar ó ministro de xustiza Caamaño unha carta que me encargaron membros da plataforma de apoio ó pobo saharaui, sendo entrañable a receptividade que mostrou o ministro en todo momento.

miércoles, 31 de marzo de 2010

Nunca un presidente da Xunta fixo tanto mal en tan pouco tempo.

Hai uns días escoitei na radio a alguén que dixo "nunca houbo unha xeración de políticos tan irresponsables coma os actuais drixentes do PP". Si iso é certo, o seu paradigma son os dirixentes do PP galego, menuda panda! dende que gobernan Galicia ainda non houbo unha decisión política que resolvera un solo problema, mais ben ó contrario, teñen a estraña habilidade de crear problemas onde non os había, de aumentar as dificultades onde as que había era asumibles e de emponzoñar situacións que eran facilmente resolubles. E si non, vexamos:

1. A Lingua: Despois de anos e décadas de consenso e convivencia armónica das dúas linguas oficiais, a irresponsabilidade de estes novos e flamantes dirixentes do PP levounos a un enfrontamento nunca visto en Galicia, e que agora non son quen de resolver. Este comportamento estúpido e innecesario de rachar co consenso anterior foi duramente criticado por todas e cada unha das institucións relacionadas coa cultura galega.

2. As Caixas: Menudo ridículo do Presidente Feijoo que estes días tivo que recuar e aceptar tódalas condicións de Caixanova, despois de acosar e querer "retorcerlle os güevos" a Gayoso con unha lei-express que agora vai ter que cambiar desdecíndose de tódolos argumentos utilizados no enfrontamento institucional provocado co Goberno Central.

3. Situación económica. Dende que goberna Feijoo o desemprego seguiu aumentando e o PIB caindo, de xeito que practicamente se perdeu o diferencial positivo que tiñamos coa media española no goberno de Touriño. Onde foron parar as promesas de resolver a crise en 45 días? Porqué non se adoptan medidas si Galicia ten tódalas competencias en emprego? Porqué se reduciu ó 50% a licitación de obra pública, condeando a moitas empresas galegas a buscar traballo noutras comunidades autónomas?

4. Sanidade. Aumentan as listas de espera, péchanse plantas hospitalarias enteiras no verán, non se sustitue a médicos nin persoal de enfermería. A degradación da sanidade galega é notoria e acelerada. Para colmo quérennos facer un hospital en Vigo e pretenden que tódolos galegos paguemos 4 veces mais o seu coste a un "empresario amigo".

Este é o resumo do 1º ano do goberno Feijoo, ainda que poderiamos seguir falando de dependencia, comercio, protección do litoral, cobros irregulares dos parlamentarios etc.
Parece mentira pero é certo, Feijoo é un kamikace experto en crear problemas e poñer todo patas arriba, o seu medio natural é o desconcerto e o caos, ¡¡e ainda nos quedan 3 anos mais!!
Que Deus e Zapatero nos amparen.

jueves, 14 de enero de 2010

Un novo ano para traballar e para ilusionar

Comezamos un novo ano que promete ser politicamente moi movido para as agrupacións locais xa que o vindeiro, no 2011, haberá eleccións municipais que serán unha nova oportunidade para cambiar as cousas en Ponteareas.

Eu e outros moitos coma min imos loitar para conseguir que Francisco Candeira sexa o novo alcalde do noso pobo. No noso concello precisamos un cambio de rumbo que nos leve da incompetencia, parálise e papanatismo actual a unha situación de dilixencia, eficacia e dinamismo que permita situar a Ponteareas no século XXI, promovendo activamente o desenvolvemento das súas potencialidades.

O actual goberno é un atranco para o desenvolvemento do noso concello. Ten que rematar tanta incompetencia e irresponsabilidade, ten que rematar o espectáculo lamentable de un goberno con dúas faccións enfrontadas, os partidarios de Salvador contra os de Nava, mais preocupados de descualificarse e insultarse entre eles que de gobernar e solucionar os problemas dos cidadáns.

Por estas e outras razóns, este pode ser un gran ano, un ano especialmente importante, un ano para traballar e para ilusionar, un ano para ser vivido.
---------------------- ---------------------------------------