miércoles, 31 de marzo de 2010

Nunca un presidente da Xunta fixo tanto mal en tan pouco tempo.

Hai uns días escoitei na radio a alguén que dixo "nunca houbo unha xeración de políticos tan irresponsables coma os actuais drixentes do PP". Si iso é certo, o seu paradigma son os dirixentes do PP galego, menuda panda! dende que gobernan Galicia ainda non houbo unha decisión política que resolvera un solo problema, mais ben ó contrario, teñen a estraña habilidade de crear problemas onde non os había, de aumentar as dificultades onde as que había era asumibles e de emponzoñar situacións que eran facilmente resolubles. E si non, vexamos:

1. A Lingua: Despois de anos e décadas de consenso e convivencia armónica das dúas linguas oficiais, a irresponsabilidade de estes novos e flamantes dirixentes do PP levounos a un enfrontamento nunca visto en Galicia, e que agora non son quen de resolver. Este comportamento estúpido e innecesario de rachar co consenso anterior foi duramente criticado por todas e cada unha das institucións relacionadas coa cultura galega.

2. As Caixas: Menudo ridículo do Presidente Feijoo que estes días tivo que recuar e aceptar tódalas condicións de Caixanova, despois de acosar e querer "retorcerlle os güevos" a Gayoso con unha lei-express que agora vai ter que cambiar desdecíndose de tódolos argumentos utilizados no enfrontamento institucional provocado co Goberno Central.

3. Situación económica. Dende que goberna Feijoo o desemprego seguiu aumentando e o PIB caindo, de xeito que practicamente se perdeu o diferencial positivo que tiñamos coa media española no goberno de Touriño. Onde foron parar as promesas de resolver a crise en 45 días? Porqué non se adoptan medidas si Galicia ten tódalas competencias en emprego? Porqué se reduciu ó 50% a licitación de obra pública, condeando a moitas empresas galegas a buscar traballo noutras comunidades autónomas?

4. Sanidade. Aumentan as listas de espera, péchanse plantas hospitalarias enteiras no verán, non se sustitue a médicos nin persoal de enfermería. A degradación da sanidade galega é notoria e acelerada. Para colmo quérennos facer un hospital en Vigo e pretenden que tódolos galegos paguemos 4 veces mais o seu coste a un "empresario amigo".

Este é o resumo do 1º ano do goberno Feijoo, ainda que poderiamos seguir falando de dependencia, comercio, protección do litoral, cobros irregulares dos parlamentarios etc.
Parece mentira pero é certo, Feijoo é un kamikace experto en crear problemas e poñer todo patas arriba, o seu medio natural é o desconcerto e o caos, ¡¡e ainda nos quedan 3 anos mais!!
Que Deus e Zapatero nos amparen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

---------------------- ---------------------------------------