miércoles, 2 de febrero de 2011

O circo da ruptura do goberno

Lamentable o espectaculo que estan dando Salvador e Juan Carlos acusandose mutuamente de deslealtades , de irregularidades, de loitas polo poder e do caciqueo de émbolos dous grupos que estiveron a gobernar o concello de Ponteareas os últimos 8 anos. É a mesma historia que hai 4 anos, separáronse uns meses antes das eleccións descalificandose e insultandose entre eles, para despois volver a xuntarse tralas eleccións. Menudo alcalde que agora acusa a Juan Carlos Carrera de montar unha alcaldía paralela cando foi él quen o consentiu e mirou para outro lado nos últimos meses e anos, e agora sae acusandoo de deslealtade cando sempre estivo na sua man cortar esa situación.

Agora con este circo que montaron, este espectáculo que están dando, quedou ben as claras que sempre estiveron ocupados coas súas trifulcas e loitas por quedarse co poder, mentras que os problemas de Ponteareas seguiron sen resolver coma o Plan de Urbanismo, a Estación Potabilizadora de Auga, a contaminación do rio Tea, o saneamentos das parroquias, a falla dun Parque Empresarial ... cuestións todas elas que nestes ultimos 8 anos quedaron totalmente estancadas.

Esta coalición PP-UCPA que ten gobernado Ponteareas nos últimos anos ten sido un cancro e un atranco para a modernización e o desenvolvemento de Ponteareas no eido económico, social, urbanístico, educativo e medioambiental.

Agora este novo-vello partido, alentado por Castro e apoiado polo “ladrillo” para defender os intereses que non son os da maioría dos ciudadanos, e non hai mais que ver quen vai na lista, e preguntarse ¿por que? ,e a resposta é sempre a mesma: intereses inmobiliarios; buscan manter a sua cota de poder local e tratar de seguir gobernando tralas eleccións en coalición có PP de Salvador Glez Solla que ten demostrado sobradamente a súa incapacidade e incompetencia para gobernar este concello e non ter a valentía e a coraxe necesarias para plantarse e dicir “ate aqui chegamos”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ponteareas ofrecemos ós cidadans un equipo de persoas serias e de fiar con capacidade para gobernar con eficacia e intelixencia, e un candidato á alcaldía, Pancho Candeira que vai representar dignamente ó noso Concello, e poder asi rematar dunha vez por sempre con esta panda que nos ten gobernado e conseguir que Ponteareas poida progresar e mirar con esperanza cara o futuro.
---------------------- ---------------------------------------