viernes, 17 de abril de 2009

Hoxe comenzamos.

Hoxe comenzo a escribir neste blog, esperando que no futuro poida ser un vehículo de comunicacion con moitos cidadáns de Ponteareas os que lles poder contar directamente o que fago e o que penso dende a miña condición de concelleiro socialista e membro da Agrupación Socialista de Ponteareas.

O primeiro pensamento é para os compañeiros que fixeron realidade abrir esta fiestra ó mundo, moitas grazas, especialmente a José Manuel.

Estes días parte da miña actividade política está adicada a reflexionar sobre o importante momento que estamos a vivir os socialistas galegos. Dentro dunha semana imos escoller a un novo Secretario Xeral nun congreso extraordinario e iso sempre é motivo de actividade e movementos moi curiosos dentro da organización, os militantes de Ponteareas imos estar representados polo noso "xefe" o secretario xeral Pancho Candeira que estará acompañado por o cocelleiro Alfonso Porto e outros compañeiros máis. Ainda que no congreso terán que tomar decisións sen poder consultar o resto da agrupación, eu sei que Candeira nunca nos vai fallar, sabemos que podemos confiar cegamente en él, é un "crak".

É probable, casi seguro, que será finalmente Manuel "Pachi" Vazquez quen vai dirixir os próximos anos ó noso partido en Galicia. Seguro que o fará ben, él tamén é médico coma min, ten demostrada gran capacidade de xestion e organización política. Dende hai tempo fomos moitos os compañeiros que empezamos a pensar en él como o mellor sucesor para cando Touriño se retirase. É un bo tipo, moi cercano e seguro que vai sorprender para os que ainda non o coñezan.

Saúde.

3 comentarios:

  1. Graciñas pola mencion personalizada que fas no teu primeiro artigo. O meu mérito soamente foi o de coñecer un pouco de informática para poñer a andar o blog. O verdadeiro mérito é o da túa vontade de expoñer, a todos os que queiran pasarse por este blog, os teus pensamentos e opinións.

    O mérito do que, dende xa fai tempo, traballa de modo desinteresado polo ben de Ponteareas e os ideais socialistas de igualdade e liberdade.

    Unha aperta, e moito éxito nesta aventura na rede.

    ResponderEliminar
  2. Xa está este blog na miña lista de favoritos. Paréceme unha boísima idea o emprego deste medio de comunicación de tan fácil acceso e que ademáis brinda a ocasión de facer un comentario.
    Pachi Vázquez meréceme en principio un voto de confianza. Gústame a sua forma de falar, clariño, sinxelo e directo, polo menos nas ocasións que tiven de escoitalo. Ten experiencia política bastante larga e venlle de caste. Temos agora catro anos por diante para loitar pola volta a o Hórreo, e non foi máis que un escano o que mudou de sitio, e que tampouco foi noso. Non se pode ir a un exame cos deberes feitos en precario.

    ResponderEliminar
  3. Felicidades Delfín e felicidades a tódalas persoas que queren contrastar as súas opinións libremente con só o límite do respecto mutuo.

    Este blog, como ben saben tódolos nosos afiliados e simpatizantes, é unha expresión típica do socialismo de Ponteareas, caracterizado pola libre expresión interna das ideas a a forte individualidade de todos os seus membros.

    Xa que toca falar do Congreso Extraordinario do 24 e 25 de abril, direi que me sinto honrado de ter recibido a confianza da Agrupación Socialista de Ponteareas para representala xunto co compañeiro e amigo Alfonso Porto.

    Estou convencido que se Pachi Vázquez é elixido finalmente Secretario Xeral do PSdeG, vai configurar a nova executiva de acordo coa súa propia maneira de entender a política, sempre achegado ás bases e ós intereses directos dos cidadáns. Así nolo ten demostrado nos últimos anos co seu trato a Ponteareas durante a súa etapa como Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

    Saúde a todos e todas.

    ResponderEliminar

---------------------- ---------------------------------------